Viños galegos de Bodegas Lodeiros
En Bodegas Lodeiros levamos dende 1910 elaborando os mellores viños galegos.
Viño Cardume
A diversidade dos viños galegos sen D.O.
O noso viño Cardume é unha xoia entre os viños galegos. A nosa obra máis persoal, que encarna a identidade e a historia da nosa terra. Elaborado con variedades de uva albariño e moscatel de grao miúdo coidadosamente seleccionadas, este viño de autor sen denominación de orixe amosa un sabor único, cheo de matices difíciles de esquecer. Cardume é un conxunto de peixes que viaxan e percorren diferentes camiños libremente. En Bodegas Lodeiros abrazamos esa liberdade, de maneira creativa, ao elaborar este viño sen estar atados a ningunha denominación de orixe. Grazas ao camiño labrado polos nosos devanceiros, puidemos explorar novas rutas que nos levaron á creación do excepcional viño Cardume.
En nariz: é sutil en aromas primarios, con presenza de cítricos e flores brancas. En boca: é fresco e seco, longo con moi bo paso, acidez equilibrada e lixeiramente untuoso cun final amargo.
Tás Tolo tinto
Un viño sen etiquetas
Tás Tolo! é o resultado da nosa dedicación á produción de viños de autor fóra dunha denominación de orixe. Para a súa elaboración exploramos e experimentamos con variedades autóctonas de uva mencía e cabernet sauvignon, dando como resultado un viño único co que buscamos capturar a esencia de Galicia. Tás Tolo! tinto é un viño galego que sorprende a quen o proba. Nel destacan os seus aromas a froitas vermellas maduras, a súa riqueza en taninos e a súa calidez.
En nariz: estacan os aromas primarios de grosellas e froitas vermellas maduras. En boca: é rico en taninos, cálido e sen aristas. Moi agradable de beber e con bo paso.
Tás tolo branco
Un viño cunha atolada personalidade
Tás Tolo! branco é un viño afroitado galego con aromas a froita branca, moi fresco e cun equilibrio perfecto de sabores. Este branco sen denominación de orixe é a elección ideal para quen busca unha experiencia única. En cada sorbo, as notas afroitadas e cítricas bailan no padal de quen o proba, creando unha experiencia única que celebra a riqueza das variedades de uvas godello e macabeo coas que o elaboramos. Os viños Tás Tolo! van máis alá: son o resultado dunha tradición que fomos perfeccionando xeración tras xeración para reunir, nunha bebida, o mellor dos viños de autor galegos.
Á vista é de cor amarelo palla, cunha lágrima densa.
En nariz: é moi afroitado, con aromas de froita branca lixeiramente ácida.. En boca: é fresco, moi afroitado e cunha acidez equilibrada.
Reviravolta
Forma parte do ciclo
Queremos que a nosa produción, ao igual que os nosos produtos, sexa totalmente sostible.
Por iso, Reviravolta non só destaca por ser resultado dun coidado coupage de viños de gran calidade, senón tamén pola súa filosofía sostible, xa que se trata dun viño de botella retornable.
Como a Muiñeira, a nosa botella tamén conta cunha “reviravolta” propia. Unha que nos permite reutilizar a súa botella unha vez que gozaras do viño.
Coa devolución da botella reembolsamos integramente o seu custo. Así, non só aforramos recursos, senón que ti tamén aforras o prezo do envase. Non pagues de máis por aquelo que non vas a beber!
Albariño Pazo do Pórtico
Un albariño sabor lapislázuli
O viño albariño é un viño que sabe a Galiza, pero sabes de onde procede? Conta a lenda que cara ao século XII foron monxes procedentes de Centroeuropa os responsables de traer o albariño a Galiza a través do Camiño de Santiago. Estes monxes, namorados destas terras, decidiron establecerse en Galiza e plantar cepas de albariño, xa que atoparon en Galiza o terreo e o clima idóneos para o seu desenvolvemento. Coas uvas daquelas cepas seguimos facendo Pazo do Pórtico, un viño con moita historia.
Viño branco con D.O. Rías Baixas elaborado con 100% uva albariña, froito dun proceso de maceración e embotellado tardío.
Á vista é dun amarelo brillante. En nariz: é fragante e intenso. Predominan as notas florais e afroitadas con gran sutileza. En boca: tacto suave cunha gran variedade de matices. Sabroso con moi boa carga de froita. O seu retronasal é persistente e fino.