Vermú Lodeiros,
vermú feito en Galiza

O vermú da casa

 Bodegas Lodeiros

Os nosos vermús están elaborados para saborear, en cada gota, o auténtico sabor de Galiza.

A nosa tradición vinícola familiar fúndese coa innovación para ofrecer os mellores vermús galegos para disfrutar en compañía. A escusa perfecta para xuntarnos cos que máis queremos e disfrutar dun bo vermú Lodeiros.

Saber cómo combinar o vermú di moito dunha persoa. E a ti, cómo che gusta? Coñece o noso vermú e comparte a experiencia de vermutear con Lodeiros.

Vermú vermello

Un vermú con sabor a tradición galega

Vermut Rojo

O vermú Lodeiros vermello é unha homenaxe ao vermú dos nosos avós, xa que nos transporta a festas de pobo e a terrazas ao sol. Elaborámolo tendo como base a mesma receita familiar desde 1940.

Neste vermú poderás disfrutar dunha coidada selección de herbas e especias, onde o inconfundible sabor da laranxa amarga, o asente e a canela dotan del dun carácter distintivo. Esta combinación consegue facer do vermú vermello Lodeiros un vermú con toques doces e amargor equilibrado.

Vermú vermello de Bodegas Lodeiros
Vermú branco Lodeiros

Vermú branco

Vermú branco Lodeiros

O noso Vermú branco Lodeiros invítache a disfrutar da frescura e da delicadeza a través dunha combinación de cítricos verdes, vainilla e botánicos.

Elaborado con maestría, o noso obxectivo é sorprender ao romper cos sabores máis tradicionais do vermú. Resalta as notas froitais e florais que caracterizan a nosa rexión.

Vermú 0% azúcres engadidos

Vermú 0 azucres
O primeiro vermú galego sen azucres engadidos. O noso vermú 0% elabórase cun viño especialmente seleccionado que nos aporta, de forma natural, todolos azucres presentes no vermú.
Reinventamos a tradición para ofrecer un vermú que preserva a esencia dun vermú tradicional galego de calidade.
Un vermú máis natural e con personalidade propia, ideal para os amantes dos sabores máis amargos.

Máis amargo, máis natural

Vermú 0 azucres

Os nosos
formatos

En Bodegas Lodeiros elaboramos o noso vermú en varios formatos. Existe un para cada ocasión!

Botella

En Bodegas Lodeiros temos un gran compromiso coa sustentabilidade e o consumo responsable. Por iso, as nosas botellas teñen un 0% de plástico e a súa etiqueta está elaborada con residuos de mazá. Ademais, destinamos o 3% dos beneficios a proxectos ecolóxicos desenvolvidos con organizacións ecoloxistas galegas.

Tubo 3L

Para os máis vermuteros temos o noso formato de vermú en tubo de 3 L. Ideal para disfrutalo na casa!

O envase do tubo protexe ao vermú da luz e do oxíxeno, conservándoo en condicións óptimas. Ao igual que a nosa botella de vermú, este recipiente está elaborado con elementos reciclables.

Bag in box 5L

O formato ideal para a hostalería é o bag in box. Contén 5 litros de vermú Lodeiros de excelente calidade. O seu deseño está concebido para protexer o vermú da luz e do oxíxeno, conservándoo nas mellores condicións unha vez aberto, sen necesidade de frío.

Ademais, con el reducirás envases e serás máis respectuoso co medio ambiente.

Temos uns recipientes excepcionais para presentalo. Descúbreos!
  • Sella de cerámica simple (5 litros) de Artesanía de Galicia
  • Sella de cerámica dobre (5+ 5 litros) de Artesanía de Galicia
  • Barril de madeira simple (5 litros)
  • Barril de madera dobre (5+ 5 litros)