A nosa historia

Ola. O meu nome é Pablo Lodeiros. Son a cuarta xeración de Bodegas Lodeiros e quero contarche a historia da miña familia. A historia de Bodegas Lodeiros.

1910

A nosa historia comeza en 1910 cando o meu bisavó, Manuel Lodeiros, establece o seu negocio nunha pequena aldea do rural galego chamada León de Abaixo, no concello de Arzúa. Neses anos e no rural sobrevivíase como se podía. O meu bisavó, ademais da agricultura, adicábase á venda de viño que ía buscar ao Ribeiro. Tardaban varios días en percorrer, en carros de mulas, os escasos 100 km que os separaban da ribeira do Miño. Eran viaxes duras, pero que lle valían para estreitar lazos co seu fillo Xosé, que solía acompañalo. Foi neses viaxes onde estou seguro que se cimentaron os piares que aínda hoxe sustentan Bodegas Lodeiros:  

  • o amor e o coidado pola nosa terra e os nosos viños.

  • o sentido de comunidade e compromiso coa nosa contorna.
  • o disfrutar do oficio en familia e con aqueles que queremos.

Historia de Bodegas Lodeiros, Xosé Lodeiros

Xosé Lodeiros en León de Abaixo. Ano 1930

1940

A historia de Bodegas Lodeiros, Xosé Lodeiros en 1930

Xosé Lodeiros e Manuela Blanco
xunto aos seus dous fillos máis vellos. Ano 1948

Anos máis tarde, na década dos 40, os meus avós Xosé e Manuela trasladáronse a Santiago de Compostela. Alí, ademais de establecer a adega, abrirían un despacho de viños no baixo da súa casa no número 32 da Rúa de San Pedro. Neses anos, Xosé, unha persoa moi inqueda e emprendedora, comeza a desenvolver diversos produtos vinícolas. Isto dará como resultado diversas receitas para elaborar licores e vermú, que aínda seguimos utilizando hoxe en día como referencia.  

 

1950

“En Santiago, ademais da adega, os meus avós forman a súa familia. Tiveron 6 fillos, dos cales Luis, o meu pai, seguirá os pasos do avó converténdose na terceira xeración da adega. Con el, a adega deu un gran paso que nos permitiu sair de Galiza para poder compartir o que facíamos cada vez con máis xente.  

Familia Lodeiros Blanco, Bodegas Lodeiros

Familia Lodeiros Blanco. Xosé Lodeiros (abaixo dereita) e Luis Lodeiros (arriba dereita). Ano 1958

2019

Luis Lodeiros e Pablo Lodeiros de Bodegas Lodeiros

Luis Lodeiros e Pablo Lodeiros. Ano 2019

E tras a terceira xeración, se nada se torce, soe vir a cuarta. E nesas estamos, vivendo nun mundo onde case todo cambiou. Daquela aldea do rural de Galiza que viu nacer Bodegas Lodeiros pouco queda. Vivimos nun mundo moi diferente, pero no que mantivemos inalterados aqueles valores sobre os que o meu bisavó cimentou a súa forma de vida e o porqué do que facemos:  

Desfrutar cos nosos ao redor dunha mesa

Familia Lodeiros

Familia Lodeiros e amigos celebrando ao redor dunha mesa. Ano 1960.