Colaboración aldea de Vilar

En xullo de 2022 produciuse na serra do Courel, na provincia de Lugo, o incendio máis grande da historia de Galicia. Durante as dúas semanas que durou o incendio queimáronse máis de 11.000 hectáreas de bosque e monte. Un dos lugares máis afectados por este incendio foi a Aldea de Vilar, que quedou illada polos lumes e tivo que ser evacuada. Moitos dos seus veciños perderon as súas casas e levan dende entón traballando para poder recuperar a súa aldea. Como parte de Camiño Natural estamos colaborando cos veciños de Vilar para mellorar a situación. Colaboramos en diversas actividades cos veciños da aldea para recadar fondos e poder realizar unha plantación de árbores que permita recuperar o bosque queimado durante os incendios.