Sostenibilidade en Bodegas Lodeiros

O camiño de volta ao natural

Viño de Bodegas Lodeiros

O noso proxecto Camiño natural é unha acción de responsabilidade social corporativa que ten coma obxectivo acadar un consumo responsable e respectuoso co medio ambiente a través de dúas liñas: o noso compromiso ambiental e unha produción sostible.

Viño de Bodegas Lodeiros
Compromiso medioambiental con Galiza

Compromiso medioambiental con Galiza

Compromiso medioambiental con Galiza

Estamos comprometidos cun consumo responsable e respectuoso coa nosa contorna. Por iso dedicamos o 3% dos nosos beneficios a proxectos ecolóxicos que desenvolvemos en colaboración con diversas asociacións ambientais galegas.

Tes unha idea ou proxecto que poida contribuír a coidar o medio natural?

Bodegas Lodeiros, produción sostible

Produción de viño sostible

Procuramos que a nosa produción sexa o máis respectuosa posible co medio ambiente. Por iso apostamos por materiais ecolóxicos e sostibles.

Eliminamos os plásticos das nosas botellas de vermú e as súas etiquetas elabóranse con residuos de mazá. Ademais, empregamos a botella máis ecolóxica e coa menor pegada de carbono do mercado.

Con todas estas accións camiñamos día a día cara a un entorno máis sostible e ecolóxico.

Produción de viño sostible

De volta ao natural con Bodegas Lodeiros

Compromiso medioambiental de Bodegas Lodeiros

Dende que comezamos a traballar en Camiño Natural establecemos diferentes colaboracións con organizacións e asociacións medioambientais. O noso obxectivo é que parte dos beneficios que xeramos sexan reinvestidos no medio ambiente que sustenta a nosa actividade. A continuación, contámosche os proxectos nos que estamos a traballar:

Entre as iniciativas do noso proxecto Camiño natural, encontrarás a colaboración coa aldea de Vilar, que se viu afectada polos incendios máis grandes de Galiza, recaudando fondos para replantar árbores e recuperar os seus bosques.

E a replantación do bosque da Eira da Xoana en Agolada, Pontevedra, para conservar o Teixo, en perigo de extinción. Reivindicamos con iso un estilo de vida respectuoso e pausado.

#CamiñoNatural: Un camiño de volta ao natural con Bodegas Lodeiros