A nosa filosofía

Un novo modelo de consumo

SOSTIBLE

Reutilizar, reciclar e reducir deben ser protagonistas. Démoslle as costas ao consumismo a calquera prezo e coidemos do medio ambiente.

COMUNITARIO

Apostemos por un mercado de cercanía xa que é sostible, crea valor no noso entorno e benefícianos a todos.

PROACTIVO

Non podemos quedar parados. Os brazos cruzados non nos valen! A implicación de todos é necesaria. Sen ela non hai cambio posible.

EFICIENTE

Pra que  malgastar recursos en algo que podemos reutilizar? Reutilizando envases gañamos todos, tamén os nosos petos.

QUE É

REVIRAVOLTA

Reviravolta é un viño xove resultado dun coidado coupage de viños de extraordinaria calidade.

Tanto tinto como branco, o que caracteriza a Reviravolta é a reutilización. Un concepto simple pero que significa moito. Significa coidar do medio ambiente, que aforres e que fagamos comunidade.

COIDAR DO MEDIO AMBIENTE

Cun pequeno esforzo pola tua banda conseguimos reducir nun 85% a emisión de CO2 que supón a fabricación dunha botella de vidrio. Pon o teu gran de area. Que non se diga!

FACER COMUNIDADE

Axúdanos a recuperar o comercio tradicional e crear riqueza na nosa comunidade. Merca de ti a ti!

QUE AFORRES

Coa devolución da botella reembolsarásete integramente o seu custo de fabricación. Así aforras o prezo do envase. Non pagues extra polo que non te vas beber!

COMO É

O CICLO

1
Merca Reviravolta na túa tenda de confianza.
2
Desfruta de Reviravolta con quen ti queiras.
3
Retorna a botella na túa tenda de confianza e recupera o seu custo (€).
4
Recollemos a túa botella e a reutilizamos. Con isto conseguimos reducir a emisión de CO2 nun 85%.