Permítenos presentarnos

Somos a familia Lodeiros

Dende 1910 bodegueiros en Santiago de Compostela. Comprometidos co noso entorno pero abertos ao mundo. Namorados de Galicia. Somos familia.

Calidade

É o noso selo. De produto, de trato e de experiencia.

Sostibles

Apostamos por un novo tipo de consumo, comprometido co coidado do medio ambiente e creador de tecido social.

Familia

Dende 1910 e tras catro xeracións vivimos nunha transformación constante, sen renunciar aos nosos valores.

Galicia

Namorados e comprometidos con Galicia e a súa cultura. Gústanos facer Galicia e facer disfrutar de Galicia alá onde imos.